Escoitar

O alcalde convenia coa Vigo Convention Bureau un proxecto para a promoción turística da cidade

No marco do Plan Municipal de Emprego, Abel Caballero rubricou este luns un convenio coa Fundación Vigo Convention Bureau para a elaboración dun proxecto de promoción de Vigo como destino do turismo de eventos e congresos. O Concello achega á entidade 60.000 euros co compromiso de contratación de 4 persoas.

luns, 29 out 2012
1351514993vcb.JPG
O texto do convenio validado hoxe entre o alcalde, Abel Caballero, e o xerente da VCB, Pablo Cameselle, aprobado pola Xunta de Goberno Local do pasado 11 de outubro, estipula o desenvolvemento dun proxecto de promoción turística de Vigo como destino de eventos e congresos.

O Concello de Vigo achega 60.000 euros á entidade, encargada da elaboración e posta en marcha desta iniciativa turística e da contratación de catro persoas. Ata o momento, o goberno local xa deu luz verde a convenios cunha treintena de colectivos, por valor de 1,8 millóns de euros para a xeración de 201 empregos. O plan municipal de emprego prevé rubricar un total de 39 acordos para crear 325 postos de traballo, cun investimento do Concello de Vigo de 2.5 millóns de euros.
Descargar todas as imaxes