Escoitar

O Pleno da luz verde á elaboración dun plan de traballo para acometer o mantemento de viais

A unanimidade do Pleno aprobou hoxe luns a elaboración no prazo máximo dun mes dun plan de traballo para acometer o mantemento e adecuación de viais dos nosos barrios e parroquias. O texto, defendido polo BNG, inclúe a posta en marcha de novo da brigada de mantemento do Casco Vello para acometer traballos urxentes.

luns, 29 out 2012
Os tres grupos políticos deron luz verde hoxe luns a unha moción que insta ao Goberno local a elaborar no prazo máximo dun mes un plan de traballo para acometer o mantemento e adecuación dos viais dos barrios e parroquias de Vigo. A moción foi presentada polo BNG e inclúe a posta en marcha de novo da brigada de mantemento do Casco Vello para acometer traballos urxentes de mantemento e reparación.

Ademáis, o texto aprobado por BNG, PSOE e PP propón a creación dun equipo ou brigada permanente que rote polos distintos barrios e parroquias da cidade co fin de atender as primeiras necesidades de mantemento.