O alcalde propón organizar unha concentración o ”Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”
O alcalde, Lois Castrillo, proporalle á Corporación municipal organizar unha concentración na praza do Rei o vindeiro 25 de novembro con motivo do “Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”. Ademais, elaborará un bando destinado á concienciación social sobre as consecuencias deste problema.
Castrillo considera a violencia de xénero como unha lacra na sociedade que hai que contribuír a erradicar, polo que debe haber unha maior sensibilización social sobre os seus efectos.
Por resolución da Asemblea Xeral da ONU, o 25 de novembro foi designado Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller o 17 de decembro de 1999. Presentada pola República Dominicana, co apoio de máis de 60 gobernos, a resolución é o resultado dun crecente movemento internacional para acabar cun tráxico andazo que devasta as vidas de mulleres e nenas, rompe comunidades e é unha barreira para o desenvolvemento en todas as nacións. Os promotores da resolución agardan que o día constitúa, como ocorreu noutras ocasións, o punto de partida para que os gobernos e a poboación en xeral emprendan accións para acabar coa violencia contra a muller.
RESOLUCIÓN DA ONU