Escoitar

Reordénase a circulación na avenida do Fragoso para mellorar o acceso e rapidez do transporte público

mércores, 23 out 2002
A Concellería de Tráfico, coa posta en funcionamento do carril bus, reordenará a circulación na avenida do Fragoso a partir da vindeira semana. O luns ás 6 da mañá comezará a circular o transporte público polo carril bus, entre a praza de América e Balaídos. O primeiro treito dese carril, entre a praza de América e a rúa Espedrigada será de uso exclusivo para taxis e autobús urbano, pero a partir do cruce con Espedrigada e ata Balaídos o transporte público compartirá o carril con outros vehículos.

Para facilitar a circulación en sentido Balaídos por este treito instalouse un sistema semafórico no cruce de Fragoso con Espedrigada. Tamén foi precisa a eliminación do aparcamento nunha das marxes da avenida. Ademais, estableceuse o sentido único na rúa Eugenio Arbones dende Fragoso ata a rúa Caleira e na rúa Caleira dende Eugenio Arbones ata Fragoso. Deste xeito, artéllase un lazo de circulación útil para o cambio de sentido na rúa Fragoso e conséguese máis espacio de aparcamento nesta zona.

Coa implantación do carril bus faise posible a circulación do transporte público nos dous sentidos da avenida e ademais aténdese a reivindicación veciñal de poder acceder en sentido descendente a unha das partes da rúa evitando o paso pola avenida de Balaídos.

PLANO