A proposta da concellería de Emprego, o Concello de Vigo solicitará á Xunta un novo obradoiro de emprego para o zoo
O Concello de Vigo solicitará á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller unha subvención económica de 715.265,10 € para a posta en marcha dun obradoiro de emprego, continuación do que na actualidade está en funcionamento no zoo, e que se chamaría “Vigozoo 2”. A Comisión de Goberno adoptou o acordo na súa última sesión, a proposta do concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Delfín Fernández Álvarez.
A pesares dos bos resultados que ata agora acadou o Obradoiro de emprego “Vigozoo”, cunhas melloras visibles no estado xeral das instalacións do zoolóxico e na calidade de vida dos animais, o Concello considera que os problemas só paliáronse en parte e, polo tanto, aposta por un segundo proxecto no mesmo recinto.
O Obradoiro de emprego “Vigozoo 2” tería unha duración de 12 meses e beneficiaríanse 45 desempregados, maiores de 25 anos, que se formarían nas especialidades de “carpintería”, “construcción” e “xardinería”. O Concello, pola súa banda, aportaría as instalacións, mobiliario, equipos informáticos, a maquinaria e os materiais necesarios para as obras que se executarían dentro do proxecto de obra.
Hai que destacar que a taxa de paro de cidadáns maiores de 25 anos que rexistra a cidade de Vigo aínda é preocupante, no pasado mes de setembro acadou un 36,3% do total do paro, o que xustifica a aposta por un novo obradoiro de emprego que acade a incorporación ó mercado laboral deste sector da poboación, ó mesmo tempo que mellore o único zoo do noroeste peninsular.