Escoitar

Máscara Produccións actúa no auditorio da SCD Helios de Bembrive

venres, 18 out 2002
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural organiza unha representación teatral da compañía Máscara Produccións, que porá en escena a obra ”Malandros” no novo auditorio da SCD Helios de Bembrive. A cita será este domingo, 20 de outubro, ás 20:00 horas.

Esta actuación inclúese dentro da programación teatral por barrios ”Vigo a escena” organizada pola Concellería de Festas e Animación Sociocultural, que se pospuxo na pasada primavera polas obras que se realizaron no auditorio.