Comeza a funcionar o SAE-comercio con obxecto de potenciar a profesionalización do pequeno e mediano comercio de Vigo
A Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego conta desde este mes de outubro con dous novos técnicos que, durante seis meses, levarán a cabo a consolidación dunha sección de comercio no marco Servicio de asesoramento a emprendedores, co obxecto de deseñar e desenvolver unha campaña de difusión sobre zonas comerciais de Vigo.
O SAE-comercio é froito dun convenio de colaboración asinado con Caixanova, polo que esta entidade aporta 60.101,21 euros para financiar este novo servicio específico para pequenos e medianos empresarios do sector do comercio, no marco do Plan Municipal de Emprego.
De acordo co texto do convenio, o persoal técnico do SAE-comercio, despois de facer un diagnóstico da situación actual das Pymes, dirixirán accións formativas para profesionais e/ou emprendedores do sector.
Coa posta en marcha deste servicio, a Concellería Desenvolvemento Local e Emprego como Caixanova queren, como axentes determinantes da promoción económica da cidade, establecer as canles para unha cooperación e colaboración na procura dunha maior profesionalización e dunha imaxe máis coherente do Vigo comercial e dos seus centros.