Escoitar

O alcalde anuncia a concesión de licencia á fábrica de Citroën, tras 50 anos de funcionamento

A Xerencia de Urbanismo deu hoxe venres luz verde á concesión da licenza de actualización do permiso de actividade e das instalacións á factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën, tras medio século de funcionamento. Abel Caballero felicitou á dirección e á concelleira de Urbanismo e apuntou que "agora en Vigo todo o mundo ten que cumprir a legalidade".

venres, 20 xul 2012
1342788969Imagen005.jpg
Abel Caballero puxo en valor a concesión do permiso urbanístico conseguido polo goberno que preside despois de medio século sen regularizar a situación da factoría de Balaídos.

Caballero, que ve "unha boa nova para a cidade" a concesión desta licenza, informou ademais que Urbanismo deu esta semana 28 licenzas de obras e 7 máis de actividade, cun investimento próximo ao millón e medio de euros. O alcalde tamén dixo que o Concello gañou outras catro sentenzas xudiciais relativas á legalidade do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo.
Descargar todas as imaxes