Vigo acollerá a primeira reunión en Europa do Grupo sobre Cambio Climático da ONU
O alcalde, Abel Caballero, entrevistouse este venres cos responsables do grupo de traballo e confirmaron que a cidade será a primeira e única cita en Europa do Grupo Intergubernamental sobre Cambio Climático, que traerá a Vigo a uns 400 científicos de todo o mundo do 3 ao 9 de novembro.
Abel Caballero comprometeu a un dos responsables, Alberto Gago, a axuda institucional do Concello de Vigo por tratarse dunha cita "da maior importancia", ao ser Vigo a cidade na que se traballará nos informes de evaluación e resposta contra o cambio climático para 2014.
Descargar todas as imaxes