Escoitar
Mobilidade, Transporte e Seguridade

Convocatoria do exame de obtención do permiso municipal de condución de autotaxis

Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas en tomar parte nas probas para a obtención do PERMISO MUNICIPAL DE CONDUTOR DE AUTOTAXI, que deberán presentar a solicitude, xunto coa documentación esixida no artigo 29 da vixente Ordenanza municipal reguladora do Servizo e que se relaciona seguidamente. O prazo para a presentación das citadas solicitudes comprende dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio e até o 8 de agosto de 2012. <br />

venres, 20 xul 2012
A documentación requirida é a seguinte:

- Pago Taxas.
- Unha foto (deberá entregarse sen ningunha marca de grampa).
- fotocopia compulsada do DNI.
- fotocopia compulsada do carnet de conducir (onde conste a data de expedición e a data de validez do BTP).
- certificado médico, expedido nos termos expresados no parágrafo d) do artigo 29 da Ordenanza Municipal de Autotaxi (considérase caducado se pasaron máis de tres meses entre a súa data de expedición e a data do exame).

O exame constará das seguintes partes:

Coñecemento da Ordenanza Municipal de Autotaxi
Ubicacións de rúas e puntos de interese na cidade de Vigo.
Itinerario a seguir entre dúas ubicacións do termo municipal.
Real Decreto Legislativo 339/1990, de 2 de marzo, por el que se aprueba el Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor y Seguridad Vial.

As probas realizaranse o DIA 18 DE SETEMBRO DE 2012, na Casa do Concello ou na ubicación que se determine por este departamento, se o nº de aspirantes así o esixira. Os solicitantes comparecerán provistos de bolígrafo e carné de conducir.

As listas nas que se indicará o lugar de realización da proba, o horario no que cada solicitante debe presentarse á mesma e demáis circunstancias relacionadas, publicaranse no Taboleiro de Edictos, na páxina web do Concello e nas oficinas da Area de Mobilidade, Transporte e Seguridade, unha vez finalizado o prazo para a presentación de solicitudes.

O Tribunal está composto por:

Presidente: Carlos López Font
Secretaria: Carmen Pintado García
Vocal: Odilo Mosquera Carballo