Escoitar

Caballero subliña que o Concello adica 1.045.000 euros á "promoción e apoio" ao deporte vigués

A Xunta de Goberno Local deste venres deu luz verde á concesión de 600.000 euros para máis dun centenar de entidades deportivas da cidade, aos que súmanse os 445.000 euros do Concello para os clubs de elite. Por outra banda, o goberno local tamén autorizou hoxe a creación de dous parques para cans.

venres, 20 xul 2012
O alcalde deu conta dos asuntos abordados hoxe venres na Xunta de Goberno Local e salientou que o Concello de Vigo concede 1.045.000 euros á "promoción e apoio" ao deporte da cidade, pese á crise.

O goberno de Vigo deu luz verde á concesión das subvencións para entidades deportivas viguesas, un total de 600.000 euros para máis dun centenar de clubs dunhas 50 modalidades distintas. A estas achegas hai que sumarlles, segundo indicou Caballero, outros 445.000 euros que apórtase aos clubs de elite da cidade de Vigo.

Outros acordos
A Xunta de Goberno tamén decidiu declarar como zonas de esparcemento canino unha parcela de case 500 metros cadrados no Paseo Joaquín García Picher, e unha segunda zona en Baixada á Ponte Nova, no ámbito do Pombal, de 19.500 metros cadrados de superficie.

Trátase de espazos delimitados e sinalizados que habilita o Concello para que os animais -exceptuando os considerados perigosos pola normativa vixente- poder estar libremente, na compaña dos seus donos. O alcalde estimou que nunhas dúas semanas, unha vez sexa publicado o acordo no Boletín Oficial, estarán operativos.