Escoitar

Vigo recibe 9 bandeiras azuis e o recoñecemento como sendeiro azul da ruta que une o Lagares con Bouzas e Canido

Ás nove bandeiras azuis que recibiron os arenais vigueses, súmase este ano outra importante distinción medioambiental, o recoñecemento como sendeiro azul a ruta verde que une o Lagares con Bouzas e Canido. Trátase, en verbas do alcalde, dunha grande noticia para Vigo.

mércores, 6 xuñ 2012
Vigo gaña dúas banderias azuis este ano, ao abter 9, tantas como foron solicitadas pola Concellería de Medio Ambiente. A Punta e Tombo do gato son os dous arenais que se suman a esta distinción que, pola contra, perde a praia de Carracido. As praias que lucirán este verán a bandeira azul son, ademais das mencionadas: O Vao, Argazada, Fortiñón, Canido, Fontaíña, Rodas e Figueiras (estas dúas últimas, en Cíes).

Por outra banda, Vigo recibiu outra distinción mediambiental moi destacada: o recoñecemento como sendeiro azúl do cordón verde que une o Lagares con Bouzas e Canido, "unha grande noticia para a cidade", en verbas do alcalde.