Os tribunais ratifican a legalidade do proceso de oposicións do Concello de Vigo
O alcalde de Vigo informou este mércores da recepción dunha dilixencia do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo que converte en firme a desestimación do recurso interposto contra a designación dos membros dos órganos de selección dos tribunais dos procesos selectivos correspondentes á Oferta Pública de Emprego 2008. Abel Caballero esixíu rectificar a aqueles que dubidaron da "honorabilidade dos traballadores do Concello de Vigo".
Caballero recordou que a sentenza "favorable ao Concello" convértese agora en "firme" coa nova dilixencia emitida pola Xustiza, que respalda a legalidade do proceso de oferta de emprego municipal, polo que reclamou unha rectificación a todos aqueles que puxeron en cuestión a "honorabilidade dos traballadores do Concello de Vigo".
A dilixencia ratifica o auto, que textualmente indica que "da demanda non se desprende a vulneración de ningunha das esixencias legais contidas nos preceptos mencionados para a composición dos tribunais de selección", (...) "tampouco existe ningunha proba de que ningún dos designados actuara en representación de algunha organización sindical ou por conta da mesma (…) sendo irrelevante a afiliación sindical dalgúns dos designados, afiliación que de por sí mesma non lles inhabilita para ser membros do órgano de selección nin tampouco permite arroxar sobre a súa actuación ningunha dúbida de parcialidade ou arbitrariedade".