Escoitar

O mercado solidario De boa man abre as súas portas na rúa Príncipe ata o 8 de xuño

A Concellería de Benestar Social organiza un ano máis a campaña De boa man coa participación de nove entidades de persoas con discapacidade. Este mercado solidario está situado desde hoxe ata o día 8 de xuño na rúa Príncipe, esquina con Velázquez Moreno, en horario de 10,00 a 14,00 horas e de 17,00 a 21,00 horas.<br />

martes, 5 xuñ 2012
A Concellería de Politica de Benestar organiza un ano máis a campaña De boa man, unha iniciativa que ten por obxecto involucrar a todo o tecido social da cidade cara á integración social das persoas con discapacidade, así como, ofertar un comercio alternativo e máis solidario. Realízanse dúas edicións, unha en xuño e outra en Decembro coa colaboración de Centro Príncipe

Participan nove entidades de persoas con discapacidade ASEM, DOA, APAMP, ASPANAEX, SAN RAFAEL, FUNDACIÓN MENELA, ALENTO, ASPAVI e FAMFIP – COGAMI, que expoñen e venden, os artigos e productos realizados polos usuarios dos seus centros, nunha carpa instalada na rúa Príncipe esquina Velázquez Moreno. A edición que hoxe abre as súas portas prolongarase ata o 8 de xuño, co seguinte horario: de 10 h a 14h, e de tarde de 17 h a 21h .
Este mercado solidario é un dos programa que desenvolve Benestar Social na procura da integración social e laboral das persoas con discapacidade, xa sexa, discapacidade psíquica, física ou sensorial.