Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 10 mai 2012
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 11 DE MAIO DE 2012.


1.- Actas das sesións anteriores: ordinaria do 27 abril, extraordinaria e urxente do 27 de abril e ordinaria do 4 de maio de 2012.

ASESORIA XURIDICA
2.- Dar conta das Sentenzas remitidas por Asesoría Xurídica:

a) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº P.A. 68/2011.Demandante: D. JOAQUIN MARTÍNEZ POSADA. Obxecto: Resolución do 26/11/2010 de servizos noutras administracións (XMU), sentenza estimatoria. Apelación ó TSXG, sala do contencioso-administrativo, sección 1ª. Sentenza que desestima a nosa apelación. Expte. 6519/111.

b) Sentenza do Xulgado Social nº 5 de Vigo no PROC. S.S. 266/2012. Demandante: Dª Mª LUZ ALVAREZ GUTIERREZ. Obxecto: Resolución do 16.11.2010, impugnación alta médica. Sentenza firme que desestima o recurso. Expte. 7240/111.

c) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº P.A. 62/12. Demandante: D. J. LUIS DÍAZ SUAREZ. Obxecto: sanción de tráfico. Sentenza firme que desestima o recurso con custas de oficio. Expte. 7198/111.

d) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº P.A. 65/12. Demandante: D. FERNANDO GIL SANTOS. Obxecto: sanción de tráfico. Sentenza firme que desestima o recurso con custas de oficio. Expte. 7200/111.

e) Sentenza da Audiencia Nacional, sala do Contencioso-Administrativo, sección 1ª, no RC-A nº P.O. 180/09. Demandante: ASTILLEROS Y CONSTRUCCIONES A LAGOA, S.A. Obxecto: resolución da D.G. Costas do 18.12.2008, recuperación do bordo marítimo da Guía, Teis. Sentenza non firme que desestima o recurso Expte. 5186/111.

f)) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº P.A. 06/12. Demandante: D. DAVID GONZALEZ DOMINGUEZ. Obxecto: accidente de tráfico. Declara o desestimento da actora por satisfacción extraprocesual. Expte. 7176/111.

BENESTAR SOCIAL
3.- Prestación do Servizo de Axuda a Domicilio. Alta expte. 11/2006, 21/1461, 24/1299, 03/1511.

4.- Proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais 2012 para a súa presentación ante a Consellería de Traballo e Benestar para a obtención de axudas destinadas ao cofinanciamento. Expte. 72995/301.

CONTRATACION
5.- Adxudicación á mercantil SCI S.C. INTEGRAL, S.L., por procedemento negociado, a contratación do servizo de comprobación, revisión e actualización do Inventario Municipal de bens e dereitos. Expte. 18994/240.

6.- Alleamento de 90 vehículos para chatarra. Expte. 4069/241.

DEPORTES
7.- Concesión de subvención directa a Escudería Rias Baixas pola organización do 48 RALLYE RIAS BAIXAS 2012. Expte. 11145/333.

FOMENTO
8.- Interposición de recurso contencioso-administrativo contra resolución da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por desestimación do recurso de alzada interposto polo Concello ó que se lle impón unha sanción por infracción administrativa de carácter leve en materia de Patrimonio Cultural na Rúa Areal. Expte. 619/440.

9.- Desestimación da solicitude de Dª Soledad Pérez Miguez relativa á reversión dun terreo que foi da súa titularidade, expropiado como consecuencia da execución do proxecto de obras de ampliación do abastecemento de augas de Vigo dende o río Oitavén. Expte. 64030/250.

INTERVENCION
10.- Dar conta da renuncia de TOCA Y SALGADO XILOGA, S.L. UTE, a percibir o importe que resulta da revisión do contrato que lle correspondería no ano 2012 pola variación do IPC. Expte. 10/142.

MEDIO AMBIENTE
11.- Dar conta dos contrato menores tramitado no servizo de Medio Ambiente durante o mes de abril 2012. Expte. 8548/306.

12.- Desestimar as reclamacións administrativas da Comunidade de Montes en Man Común de Teis, instando a expropiación de terreos no monte veciñal en Man Común de A Madroa. Expte. 8553/306.

RECURSOS HUMANOS
13.- Solicitude de consolidación de grao de persoal do funcionario D. José Manuel González Ucha. Expte. 22978/220.

14.- Reclamación previa á vía xudicial de D. Ricardo Rodríguez Ferreiros. Expte. 22990/220.

15.- Complemento de produtividade por conducir vehículos lixeiros sen ser oficiais do persoal municipal, correspondente ao 1º trimestre 2012. Expte. 23021/220.

SERVIZOS XERAIS
16.- Proxecto de mellora da rede de saneamento no entronque entre a rúa Tomas Alonso e López Mora. Expte. 2127/443.

17.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 11 de maio de 2012, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, 9 de maio de 2012.

O ALCALDE,Abel Caballero Álvarez
A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL, Dª. Mª Jesús Lago Rey.