Escoitar

O Concello facilitará ao Banco de Alimentos unha nave para que poida seguir repartindo 3,5 toneladas de comida diarias

O alcalde de Vigo asumiu esta mañá de mércores o compromiso de facilitar ao Banco de Alimentos unha nave para facilitar o reparto de 3,5 toneladas diarias de comida, tal e como está a facer. Loubou a "importante" labor que realizan cos comedores sociais nesta época de crise en Vigo e a súa área de influencia e destacou que unha vez máis o Concello se fai cargo dunha tarefa da que non se responsabiliza ningunha otra administración.

mércores, 9 mai 2012
1336567911banco.jpg
O Concello de Vigo facilitará unha nave de 800 metros cadrados ao Banco de Alimentos, quen realiza unha "importantísima" repartindo 3.5 toneladas de comida ao día e aos que "xa damos axudas ao límite das nosas posibilidades". Logo de manter un encontro cos responsables desta entidade, galardoada como viguesa distinguida, Caballero ratificou públicamente o compromiso de buscar un local "dentro do patrimonio do Concello ou subvencionando un aluguer", no caso de que non exista dependencia municipal axeitada.

Durante a súa intervención, Cabellero lembrou que nestes momentos o Banco de Alimentos conta con dúas naves cun espazo insuficiente para desenvolver o seu grande traballo diario que realizan nos comedores sociais de Vigo e da súa área. Unha vez máis, destacou, o Concello faise cargo dunha tarefa da que non se responsabiliza ningunha outra administración.
Descargar todas as imaxes