Escoitar

Caballero convocará o Consello Social para avalar as accións sindicais en defensa do naval de Vigo

O alcalde de Vigo revelou este mércores que os sindicatos teñen pensado solicitarlle a convocatoria do Consello Social da cidade para avalar as accións destes en defensa do sector naval de Vigo, unha petición que Caballero atenderá para "dar respaldo" ao "planteamento de revivir o naval de Vigo".

mércores, 2 mai 2012
1335959593Imagen005.jpg
Abel Caballero amosou este mércores a súa "satisfacción" polas manifestacións celebradas en Vigo onte, 1 de maio, en defensa dos dereitos dos traballadores e contra os recortes públicos.

Abel Caballero desvelou que os representantes dos traballadores lle comentaron que van solicitarlle a convocatoria do Consello Social para que respalde a acción sindical en defensa do naval vigués.

Hospital
O rexedor vigués avanzou este mércores a recepción dunha convocatoria da comisión de seguemento do novo hospital de Vigo, unha "convocatoria singular" por recoller no primeiro punto da orde do día a conformación da mesma e designación dos seus representantes e no segundo a ratificación das actas dos acordos da comisión.

Caballero apuntou que nunca se reuniu a comisión de seguemento, como explicitaba o convenio de 2006, sendo este "outro elemento máis de invalidez" do acordo, que vai ser denunciado polo Concello de Vigo porque "dana gravemente a esta cidade".
Descargar todas as imaxes