A Fundación Laxeiro presenta o libro Ensaios Radioativos de Márcio André
Marcio-André (Río de Xaneiro, 1978) escritor e performer, ademais de artista visual e sonoro, presenta Ensaios radioativos unha performance multidisciplinar coa que da a coñecer o seu novo libro, publicado en Galicia por Axóuxere Editora, dentro da súa colección Polimnia, Cadernos de combate. A presentacion será o martes, 17 de abril ás 19.30 horas na Fundación Laxeiro de Vigo.
Como autor preocupado pola anulación de fronteiras entre xéneros, Marcio-André presentará unha acción na que a literatura, o son e a arte visual confluirán no espazo da Fundación Laxeiro para presentar a publicación do seu novo libro.
Rafael Xaneiro, responsable de Axóuxere Editorial propiciará un diálogo co autor no que, de forma breve, desgranarán os contidos da publicación para, de seguido, dar paso á performance
A performance explora as posibilidades do poema através do procesamento eletrónico da fala e da proxección de palabras, chegando aos límites da lectura e superando as fronteiras entre a poesía, a música experimental e a instalación. A través da reprogramación, en tempo real, de timbres percusivos e harmónicos extraídos do violino e da voz, o artista creará texturas acústicas, que, xunto con proxeccións e a exploración escénica do espazo, producen paisaxes sonoro-visuais hipnóticas, contemplativas e que, por veces, remiten ao sagrado, aos mantras e aos rituais primordiais. O local da performance mudaráse nunha dimensión cósmica, dando ao artista e ao público a posibilidade de se moveren entre galaxias de palabras.
O libro
A publicación, que leva o mesmo título, é un compendio de textos de pensamento crítico, feitos - segundo as palabras do autor - dende a contaminación radioactiva, un feixe de ensaios que van dende a poesía até a deriva nómada a través de cidades, a modo de tuaregs buscando un eixo sagrado nos elementos do mundo posmoderno. Un aprofundamento divertido, lúcido e irónico sobre a realidade que estamos acostumados a definir en termos tan estreitos e paradoxais que, ás veces, esta parece quedar ben pequena, aburrida e triste.
O autor
Márcio-André (Rio de Janeiro, 1978). Escritor, artista sonoro e visual. Deu clases de escrita creativa e poesía sonora na Universidade de Coimbra e na Universidade Federal do Rio de Janeiro. Como tradutor, publicou textos de Ghérasim Luca, Gilles Ivain, Serge Pey, Mathieu Bénézet, Hagiwara Sakutaro e Forrest Gander. No 2008, recibeu a Bolsa Fundação Biblioteca Nacional, polo libro de ensaios Poética das Casas e, no 2009, foi poeta residente en Monsanto, Portugal. É tamén editor da editorial brasileira Confraria do Vento e curador do Cidade aTravessa, evento literario e performático que acontece nas cidades de Lisboa, Rio de Janeiro e São Paulo. Autor de catro libros de poesía e ensaios, colaborou con diversos xornais, entre eles O Globo, Jornal do Brasil ou O Estado de Minas; e con revistas brasileiras e internacionais. Os seus poemas foron traducidos a oito idiomas.
Está integrado en diversas antoloxías como Poesia do Mundo; O que é poesia?; Todo começo é involuntário – a poesia brasileira no início do Sec. 21; Poétes Brésiliens d´aujourd´hui; e 24 letras por segundo; entre outras. Poeta experimental, con obras na área da poesía visual e sonora, da instalación e da performance, realizou traballos no Reino Unido, Francia, Portugal, Ucrania, Perú, así como tamén en diversas cidades do Brasil, traballando con poetas como Bruce Andrews, Stephen Rodefer, Arjen Duinker e Jonathan Morley. Actualmente vive en Lisboa.
A editorial
AXÓUXERE EDITORIAL é un proceso definido por un conxunto de creadores galegos independentes de toda forma ou dominio institucional. Inicialmente definidos como pensadores dunha nova orde configurativa do social, entenden co paso do tempo que só son mediadores. Mediadores dun xogo que provén de longo tempo pasado e do que temos constancia a través de todas as insurxencias que co tempo se foron definindo como novas aproximacións ao mundo, coma novos modelos de existencia ou acontecementos que, de modo interno, transformaron a realidade.
Descargar todas as imaxes