Escoitar
A primeira edición do concurso de maquetas “Ti es o primeiro” consegue unha gran calidade e participación

O xurado decidiu os grupos que se proporán como teloneiros para Jamiroquai e Oasis

martes, 18 xuñ 2002
Esta mañá reuniuse o xurado para decidir os nomes dos grupos que se proporán como teloneiros para os concertos que Jamiroquai e Oasis ofrecerán co gallo das Festas do Cristo 2002. Trala correspondente votación, os grupos propostos para telonear a Oasis foron: Starluxe, que obtivo 40 puntos: Ectoplasma, que logrou 28, e W.C. Hero, con 22 puntos.

Polo que respecta os teloneiros de Jamiroquai, a proposta que se fará o grupo inclúe a Moon Cresta, con 29 puntos: Cinnamon Gum e Superbudu, ambos con 26 puntos.

O xurado, que estivo composto por representantes dos medios de comunicación e presidido pola concelleira de Festas e Animación Sociocultural, Isaura Abelairas (con voz pero sen voto), salientou o alto nivel acadado pola primeira edición do Concurso de Maquetas, así como a gran participación acadada, con medio cento de grupos.

O concurso “Ti es o primeiro” foi convocado na súa primeira edición pola Concellería de Festas e Animación Sociocultural, e contou coa colaboración do Grupo Radio Vigo. O seu obxectivo foi o de dar os grupos de Vigo a posibilidade de tocar en dous dos grandes concertos previstos para as Festas do Cristo: os de Jamiroquai, do 27 de este mes: e de Oasis, o 24 de xullo.

As maquetas dos grupos elixidos serán enviadas agora ás respectivas bandas, que serán as que decidan os teloneiros locais. Os catro grupos restantes ofreceráselles a posibilidade de participar no ciclo “Xovevigo”, organizado tamén pola Concellería de Festas.

O Concello porá a disposición dos grupos gañadores os equipos de son e luces, backline, vestiarios e “caterin” para o día do concerto.