Cambios de tráfico con motivo das obras do aparcadoiro de Urzaiz
Co obxectivo de que as obras do aparcadoiro da rúa Urzaiz supoñan o menor obstáculo posible para o tráfico e tamén coa intención de que os traballos se desenvolvan coa maior celeridade, o departamento municipal de tráfico decidiu implantar un pequeno cambio na circulación na zona de influencia das obras.
A modificación consistirá en anular o acceso á rúa Urzaiz por Manuel Núñez e cambiar o sentido de circulación de Magallanes. Desa maneira, a partir do mércores, os automobilistas que queiran acceder a Urzaiz dende a Ronda D. Bosco terán que utilizar as rúas Gil e Magallanes. Os que veñan de Mª Berdiales poderán usar directamente Magallanes. Dende esta rúa, na que se eliminará o aparcamento, poderase acceder a Rep. Arxentina. Quedará anulado o xiro dende Urzaiz a República Arxentina.
Con estes cambios, que serán convenientemente sinalizados, conseguirase unha maior axilidade no tráfico na zona que está actualmente afectada polas obras de construcción do aparcadoiro de Urzaiz.