Comezan as obras de ampliación da rúa Doutor Cadaval
Xa están en marcha as obras de ampliación do primeiro treito da rúa Doutor Cadaval. O Concello comezou a derrubar os dous edificios que convertían a entrada da rúa nun funil para o tráfico de vehículos e o paso das persoas. Tralo derrubo, gañarase unha superficie de uso público de 70 m2, a rúa Doutor Cadaval ampliarase ata os 10 metros de ancho e contará, tamén nese treito, con beirarrúas.
O Concello investiu 270.000 euros na expropiación dos edificios e dos dereitos dos seus inquilinos. Para a execución desta obra é necesario cortar ao tráfico o acceso de vehículos a Doutor Cadaval dende a Porta do Sol.
A concellería de Urbanismo negociará cos propietarios do solar coñecido como “El Pueblo Gallego” para tentar que permita o acondicionamento desa parcela e a urbanización do treito de Doutor Cadaval situado ao seu carón. A Xerencia de Urbanismo tamén aprobou recentemente un Estudio de Detalle na mesma zona que posibilitará a rexeneración da mazá situada entre as rúas López de Neira, Lugo e Doutor Cadaval. Alí rehabilitaranse os edificios existentes e crearase unha nova rúa peonal-comercial cunha cuberta acristalada.