Escoitar

Designación de representantes municipais na asemblea xeral de Caixanova

martes, 18 xuñ 2002
O Pleno da Corporación municipal designou a 14 representantes do Concello na asemblea xeral de Caixanova como entidade fundadora e 5 representantes como Corporación local.

Ramiro Gordejuela Aguiar, presidente da Cooperativa de Armadores: José Enrique Pereira, armador: María Luisa González Outón, concelleira: Xoaquín de Acosta Beiras, concelleiro e Delfín Fernández Álvarez, concelleiro foron designados como representantes dos impositores.

Os representantes elixidos polo Concello en calidade de entidade fundadora de Caixanova son: Ramón Álvarez Nóvoa, médico: Alberto Casal Davila, empresario: Ángel López Soto, presidente do Club Financiero: Fernando López Rodríguez, empresario: Antonio Vega, empresario: Ángel Martínez Varela, empresario: Luz María Iglesias, auditora de contas: Carmen Avendaño, presidenta da asociación Érguete: José Carlos Baños, economista: José Conde Davila, empresario: Manuel González González, ofimático: Manuel Martínez, empresario: Marta Alfageme, empresaria e Agustín Malvido Broullón, xubilado.

Trátase dunha lista equilibrada que busca a representación de distintos perfís sociais con incidencia na vida da cidade para unha implicación no proceso de renovación de Caixanova.


Aprobación definitiva do Peri 4 Barreiro 2

O Pleno da Corporación aprobou de forma definitiva o Peri 4 Barreiro 2. O Peri de Barreiro ordena 103.851 m2 e a meirande parte desa superficie, 80.000 m2, corresponde aos terreos do antigo cuartel adquiridos polo Concello.

O Peri divide o ámbito en tres áreas artelladas a partir da rúa Ramón Nieto. A primeira zona, separada de Ramón Nieto por unha franxa verde de 40 m. de ancho, estará ocupada por equipamentos deportivos e comunitarios (xeriátrico, campo de fútbol, piscina…). A segunda área corresponde á zona verde, un parque de 45.200 m2 no que haberá unha lagoa. Na parte superior desta zona construiranse as cen vivendas previstas. A terceira área do Peri corresponde ás parcelas particulares existentes no extremo máis alonxado de Ramón Nieto. Nesa zona permitirase a construcción de vivendas unifamiliares.