Conclúe o programa de visitas guiadas ás obras do arquitecto Antonio Palacios
O programa de visitas guiadas que a Concellería de Patrimonio Histórico desenvolveu con motivo da exposición sobre Antonio Palacios rematará o sábado 13 de xullo cun percorrido polos principais monumentos que realizou en Vigo o prestixioso arquitecto porriñés.
Dende a Estación Marítima, o historiador Xosé Ramón Iglesias será o encargado de explicar a obra do arquitecto e acompañará os visitantes ata o teatro García Barbón e o actual Banco de Galicia. As visitas son gratuítas e están abertas a calquera cidadán que desexe coñecer en profundidade os monumentos realizados por Palacios.
O programa desenvolveuse tódolos sábados dende o comezo da exposición o pasado 15 de xuño e incluiu percorridos polos municipios do Val Miñor, Mondariz, O Carballiño e Vigo.