O Concello concédelle unha licencia a Anfaco para ampliar as súas instalacións
O Consello da Xerencia de Urbanismo autorizou á Asociación Nacional de Fabricantes de Peixes e Mariscos (Anfaco) para construír un edificio de tres andares para despachos e salas de catas e adaptación dunha planta semisoto noutro edificio existente na mesma parcela destinado a centro técnico para sala de exposicións no campus universitario de Lagoas-Marcosende.
A superficie a construír será de 663,5 dm2 nunha parcela dentro do ámbito do Plan especial de equipamento docente e infraestructura viaria do Campus Universitario Lagoas-Marcosende.
Presentacións do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal
A rolda de presentacións do avance do Pxom conclúe hoxe tralo encontro previsto cos sindicatos e o Consello Sectorial de Urbanismo convocado para o martes 23 de xullo será quen decida se se estenderá esta exposición pública ata o mes de setembro.
O calendario de presentacións principiou o luns 15 de xullo coas asociacións de veciños, o martes cos axentes económicos e promotores inmobiliarios, o mércores cos colexios profesionais e concluirá hoxe cos sindicatos. O próximo martes, o Consello Sectorial de Urbanismo será que deba adoptar a decisión de estender estas presentacións do avance do Pxom ata setembro.