Unha sentencia favorable ó Concello condea a cinco rapaces a pagar os destrozos que causaron no parque de Castrelos
A Concellería de Electromécanicos recibiu o resultado dunha sentencia que obriga a cinco menores de idade causantes de destrozos en catro farolas do parque de Castrelos ó pagamento da reparación que custou 623,50 euros (103.742 pesetas).
Os rapaces G.D.G.P, A.B.C., J.D.S.Q., I.G.P. e M.F.F. romperon a pedradas catro farolas causando como desperfectos a rotura de focos en tres delas e a rotura dos cristais das luminarias. Os actos aconteceron o 11 de novembro de 2000 no parque de Castrelos, de titularidade municipal.
A demanda plantexada polo Ministerio Fiscal, en virtude da alleación que supón o pagamento realizado, condea os demandados ó pago de 623,50 euros que están obrigados a facer a entrega desta cantidade depositada ó Concello de Vigo.