Escoitar

Un paseo natural comunicará Samil co Museo do Mar

xoves, 18 xul 2002
imx1673.jpg
Obras no paseo
As concellerías de Parques e Xardíns e Desenvolvemento Local e Emprego realizan conxuntamente, cunha brigada do Promil, as obras de acondicionamento do paseo que discorre de Samil ata o Museo do Mar. Entre outras actuacións crearase, con materiais adecuados ó entorno natural, unha nova zona verde con arborado e unha parada de autobús.

Procedeuse ó axardinamento do entorno de Tombo do Gato co obxectivo de recuperar unha zona degradada utilizada como aparcamento. Crearase un espacio de arborado polo que, neste momento, botouse terra vexetal necesaria para sementar as plantas.

O paseo de Samil ata o Museo do Mar de Alcabre realizarase con xabre e crearase unha parada de autobús en forma de media lúa para a maior comodidade dos usuarios de transporte público que se desprazan ás praias na tempada estival. Este deseño permitirá que as persoas que agardan polo autobús queden máis resgardadas da estrada e dispoñan dun lugar apropiado.

Outras das obras realizadas foron a reconstrucción do empedrado da baixada á praia de Fontes, no túnel que comunica o cámping co areal, e a instalación dunha balaustrada.
Descargar todas as imaxes