As Noites Temáticas contarán con concertos de música étnica de varios continentes
A concelleira de Festas e Animación Sociocultural, Isaura Abelairas, presentou o programa de Noites Temáticas das Festas do Cristo da Victoria 2002. Celebraranse tódalas noites dende o 19 ó 27 de xullo na Praza do Náutico as 23,00 horas.
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural pretende abarcar tendencias musicais como jazz e étnica. O presuposto para este evento é de 70.000 euros e a Concellería conta coa colaboración da Zona Franca.
Tódolos grupos que tocarán nestas Noites Temáticas veñen de xiras de concertos por Europa. Estes son: o italiano ”Spaccanapoli”, o senegalés ”Sora”, ”Batuco Tabanka” de Cabo Verde, Eliseo Parra e Carmén París de España, Ceia dos Monges de Portugal, Alberto Conde-Baldo Martínez-Niranjar Khalsa de Galicia-Usa, ”Mutenrohi” e ”Quempallou” de Galicia, ”Kanjaróc” de Francia, ”Zuco 103” de Brasil, Holanda e Alemania, e ”Besh o Drom” de Budapest.
Información diaria actualizada na Axenda Municipal
Descargar todas as imaxes