Os tribunais ratifican a actuación do Concello no caso ”Byblos”
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dictou un acto no que se ratifica a actuación do Concello de Vigo no caso “Byblos”. O departamento municipal de Medio Ambiente decidira precintar cautelarmente este local de copas por infrinxir a Ordenanza Municipal de Ruídos.
A orde de precinto do local fora recorrida ante os tribunais pola sociedade propietaria do establecemento. O TSXG desestima o recurso e avala a actuación do Concello, que ordenou o peche do local tras repetidas infraccións da ordenanza municipal que regula a emisión de ruídos.
Entre mentres se tramitaba o recurso, o propietario do establecemento violou a orde de peche rompendo os precintos colocados pola Policía local. Esa acción supúxolle a imposición de sancións económicas que tamén foron ratificadas polos órganos xudiciais.