Turismo pon en marcha, por terceiro ano consecutivo, a ruta pola ría
A concelleria de Turismo, Lilian Álvarez, presentou hoxe o servicio para os turistas e cidadáns da Ruta Turística pola Ría 2002, que comezará mañá e estará en funcionamento ata o vindeiro 15 de setembro.
Este servicio, froito dun convenio asinado coa Naviera Mar de Ons, sairá tódolos días dende a estación marítima de ría a partir das 17,00 horas e realizará un itinerario pola ría ata chegar ás proximidades da illa de San Simón. Os turistas e visitantes poderán disfrutar das explicacións que lles serán facilitadas a bordo sobre a nosa cidade e a nosa ría, durante a hora e media que durará a travesía.
O prezo promocional que a Naviera oferta mediante este convenio será de 11 euros para adultos e 4,25 euros para nenos e neneas de ata 12 anos. Esta tarifa incluirá a degustación de productos típicos a bordo. Os billetes estarán á venda na estación marítima da ría.
A Concellería de Turismo quere promocionar este servicio conxuntamente co Bus Turístico e, por este motivo, a adquisición do billete de autobús suporá un desconto sobre o prezo da ruta en barco de 1,20 euros.
Na última quincena de xuño e a primeira de setembro, realizarase unha promoción especial, na que o prezo por adulto será de 8 euros, nenos e nenas de 5 a 12 anos pagarán 2,5 euros e menores de 5 anos irán gratis.
Segundo explicou a concelleira de Turismo, este servicio tivo moito éxito tanto entre os turistas como entre os propios cidadáns, xa que moitos vigueses que utilizaron esta ruta, nunca antes realizaran unha xira en barco pola ría.
O ano pasado utilizaron este servicio máis de 3.450 persoas, cifra que este ano se agarda superar. Entre as novidades que se poden destacar para este verán, con respecto ó anterior, figura que a Naviera Mar de Ons, pon neste servicio un dos mellores barcos da compañía.
Descargar todas as imaxes