Novo curso de autocoñecemento da Concellería da Muller
”A relación coa nai. Xenealoxía feminina” é o título do novo curso organizado pola concellería da Muller dentro da programación deste ano sobre “Saúde e calidade de vida: autocoñecemento e crecemento persoal” que imparte a Escola de Mulleres “Simone de Beauvoir”.
O curso terá unha duración de 12 horas, impartirase os días 29 e 30 de xuño e está destinado a mulleres maiores de 18 anos empadroadas no municipio de Vigo. O prazo de inscrición é dende o día 17 de xuño ó 26 de xuño, ambos incluídos e realizarase na oficina da muller, 1ª planta do Concello de Vigo, en horario de 8 a 14 horas, teléfono 986-810284.
A Escola de Mulleres Simone de Beauvoir considera que ”a relación coa nai xoga un importante papel na nosa vida afectiva, no proxecto amoroso, na vivencia da nosa identidade como mulleres, unha identidade con valor propio e polo tanto traballar este contido tamén transcende ó ámbito de noso facer como profesionais”.
No plano do simbólico no traballo con mulleres desde unha “filosofía non androcéntrica”, a “relación coa nosa nai” e unha práctica formativa “desde a orde simbólico da nai, dende o valor do feminino”, no desexo de posibilitar outras prácticas que permitan avanzar na “humanización, na creación e na recreación da vida, na equidade e na ética da responsabilidade, na feminización dos diferentes ámbitos nos que intervimos” e darnos conta de que a humanidade está formada por dous seres diferentes: os homes e as mulleres.