Unha exposición achegaralle a arquitectura e proxecto de cidade de Palacios ós vigueses
A exposición ”Antonio Palacios, arquitectura e cidade” inaugúrase hoxe na estación de transatlánticos. Trátase dunha versión revisada e completada da mostra exhibida no Círculo de Bellas Artes de Madrid, que conta coa incorporación do repertorio de imaxes de obras que o arquitecto e urbanista realizou en Galicia.
”Á entrada, unha fotografía de Pacheco reproduce unha imaxe do Vigo que Palacios intentou recrear no seu plano”, explicou a concelleira de Patrimonio Histórico, Carmen Corbalán. Sobre 1.500 m2 de superficie amósanse 32 proxectos tanto da faceta arquitectónica como urbanística de Palacios. Os comisarios da exposición son Jacobo Armero Chautón e Gonzalo Armero Alcántara e o deseño da montaxe é de Paredes Pedrosa Arquitectos. Poderá ser visitada en horario de 11:00 a 14:00 e de 19:00 a 22:00 horas.
A mostra, de entrada gratuíta, divídese en catro seccións nas que o visitante percorre a vida e obra do insigne arquitecto. Comeza cunha breve biografía ilustrada de Antonio Palacios á que lle seguen os 32 proxectos descritos e documentados, así como maquetas de obras e, ó fondo, imaxes de edificios da época proxectadas nunha pantalla xigante. A terceira sección céntrase na visión arquitectónica de cidade que tiña Palacios, perspectiva que queda reflectida nun gran panel onde se expoñen máis de 200 postais nas que a obra galega do autor é a protagonista. Finalmente, o percorrido péchase cunha sección adicada ós obxectos persoais e biográficos, algúns deles descoñecidos ata o momento.
Cómpre sinalar que esta mostra pretende sacar á luz os traballos e conclusións do arquitecto verbo de Vigo e do seu territorio, ós que dedicou unha boa parte da súa vida profesional, mediante a plasmación no seu Plan de Extensión e Reforma Interior da Cidade de Vigo (1932). Quérese así enriquecer e fomentar o debate que se está a producir actualmente na cidadanía sobre o futuro desenvolvemento de Vigo.
Visitas guiadas organizadas polo Instituto de Estudios Vigueses, Círculo Recreativo e Cultural do Porriño, Instituto de Estudios Carballiñeses e Instituto de Estudios Miñoranos, ademais de mesas redondas e percorridos virtuais en colaboración coa Federación ”Eduardo Chao”, completan o programa de actividades arredor de Antonio Palacios.
Biografía
Os datos biográficos deste insigne arquitecto galego confirman a grande importancia da súa obra en urbes españolas e ratifica o apego á súa terra natal.
Antonio Palacios Ramilo (O Porriño, 1874 - El Plantío, Madrid, 1945) obtén o seu título profesional en 1900 en Madrid. Preséntase pouco despois xunto co seu compañeiro, Joaquín Otamendi Machimbarrena -que será o seu socio nos proxectos máis significativos-, a varios concursos coma o do Casino de Madrid ou o do Pazo de Comunicacións que gañan en 1905. A partir de entón, comezan a recibir distintos encargos de gran importancia para a imaxe urbana da capital, coma o proxecto da sucursal do Banco Español do Río da Prata.
Ó mesmo tempo, Palacios conserva unha relación directa coa súa terra, onde constrúe obras de singular importancia coma a Botica Nova no Porriño, o Teatro Casino García Barbón en Vigo ou as instalacións do Balneario de Mondariz.
No 1917, Palacios é nomeado arquitecto do Metro de Madrid. A liña decorativa, o deseño dos accesos e os edificios auxiliares son obra súa, incluidos os pavillóns de acceso de Sol e Gran Vía, hoxe desaparecidos. Anos máis tarde (1926), o arquitecto ingresa na Real Academia de San Fernando.
A partir deste momento, Palacios adica grande parte do seu tempo á resolución de problemas urbanos. No ano 1932 redacta o “Plan de Ensanche e Reforma Interior de Vigo”, e durante a Guerra Civil retoma o seu “Proxecto de Reforma da Porta do Sol”, iniciado en 1918, para redactar un “Plan de Reforma e Extensión de Madrid”. Ningún deles chegaría a verse realizado.
Nos derradeiros anos da súa vida, Palacios compaxinará a actividade urbanística coa edilicia e construirá obras de singular importancia coma o Templo Votivo do Mar en Panxón, o Templo da Veracruz no Carballiño, o edificio para o Banco Viñas Aranda en Vigo ou o seu último gran proxecto madrileño, o Banco Mercantil e Industrial, que iría modificando ata pouco antes da súa morte, ós setenta e un anos, na modesta casa que el mesmo proxectara na localidade madrileña do Plantío.
Descargar todas as imaxes