Henrique Vieitez solicita á cidadanía un maior respecto polas zonas verdes
Parques e Xardíns concluiu a reforma e axardinamento das zonas verdes adxacentes á igrexa de Carmelitas, en López Mora, na que se plantaron arbustos resistentes e flores nunha superficie de 1.500 m2 cun orzamento de 12.020 euros. Henrique Vieitez solicita un maior coidado dos xardíns por parte das persoas que levan os cans a pasear.
O concelleiro de Parques e Xardíns, Henrique Vieitez, fixo un chamamento á cidadanía para solicitar a colaboración das persoas que levan os cans a pasear polas zonas axardinadas da cidade e provocan unha importante degradación debido ó mal uso destes espacios. Esta zona en concreto estaba deteriorada polas deposicións caninas e vandalismo polo que foi necesario un investimento na súa restauración vexetal.
O reaxardinamento realizouse mediante a plantación de arbustos resistentes polo seu tapiz vexetal, con macizos na zona traseira da igrexa, resementado e colocación de parterres de flor na parte frontal.
Esta zona dos arredores da igrexa de Carmelitas é moi visitada tanto polos fregueses que acoden aos oficios litúrxicos na fin de semana como polos que van debido ao atractivo da súa localización, que dispón dun espacio acolledor e de interese para os visitantes nun contorno amable de edificios con fachadas e balaustradas de pedra con espacios axardinados.
Descargar todas as imaxes