Escoitar

O Concello autoriza a construcción de vivendas unifamiliares en Coruxo

xoves, 30 mai 2002
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou o Estudio de Detalle D-SU-UA-2 Carrasqueira, que prevé a construcción dun polígono de vivendas unifamiliares na parroquia de Coruxo.

O Estudio de Detalle ordena as 24 vivendas previstas en catro fileiras: prevé a creación dunha zona verde de 764 m2 e ordena a comunicación da urbanización a través da construcción de duas ruas de 12 e 10 metros de ancho. Ademais prevé a ampliación da rúa Combro. Todas as vivendas terán cadanseu garaxe.