O alcalde convoca o CES para artellar cos axentes sociais a resposta de Vigo á proposta de Fischler
O alcalde convocou para o vindeiro luns unha xuntanza do Consello Económico e Social para analizar, con todos os axentes sociais da cidade, os efectos que tería para Vigo a aplicación da reforma da Política Comunitaria de Pesca proposta polo comisario Franz Fischler. A esa reunión serán convidados especificamente representantes do sector pesqueiro e da construcción naval. O Concello celebrará tamén un pleno extraordinario para debater unha proposta de resolución na que se manifestará o rexeitamento da corporación municipal á proposta de reforma da Comisión de Pesca.
A Xunta de Voceiros do Concello expresou o seu firme rexeitamento á proposta de reforma da PCP por considerala profundamente inxusta e lesiva para a flota pesqueira galega e por estimar que tería unhas funestas consecuencias económicas para Vigo e a súa bisbarra, xa que provocaría a destrucción de emprego no sector extractivo, no transformador e na industria naval. Os grupos municipais piden a inmediata retirada da proposta.