A Xunta autoriza a modificación do Pxou no ámbito de San Roque
A Consellería de Política Territorial informou favorablemente o expediente de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana que atinxe á ficha de características do Peri S. Roque. A Corporación dará no próximo pleno o visto e prace a esta modificación, o que permitirá desbloquear a tramitación do planeamento urbanístico dunha área de 90.704 m2 comprendida entre as rúas Pizarro, Vázquez Varela e o Couto de San Honorato.
O Concello propuxera a modificación do Plan Xeral para incluír nel o contido do convenio para a urbanización de Pizarro asinado polo alcalde, Lois Castrillo, coa sociedade Placonsa, propietaria do terreo e coa asociación “Pizarro Zona Verde”.
A nova ficha de características do Peri S. Roque divide os terreos en zonas de solo urbano consolidado e de solo urbano non consolidado. O solo urbano consolidado, 25.896 m2, corresponde á área do barrio de Ribadavia, para a que se mantén unha tipoloxía edificatoria semellante á actual. No solo urbano non consolidado, 64.808 m2, establécense dúas áreas de reparto, unha na que se poderán construír 474 vivendas e na que se fai unha reserva de máis de 4.000 m2 para equipamentos dotacionais, e outra, coincidente coa denominada “finca Pizarro”, na que se poderán facer 274 vivendas. A superficie reservada para zona verde é de 17.800 m2, case o dobre do espacio recollido con anterioridade no Pxou.
A ficha prevé a apertura de novos viais para resolver os problemas de conexión no interior do Peri e tamén fai unha reserva mínima de 650 prazas de aparcamento público.
O concelleiro de Urbanismo, Xavier Toba, anunciou que unha vez aprobada polo pleno esta modificación acelerarase a tramitación do planeamento urbanístico dos terreos para que se poida acondicionar esta zona céntrica da cidade canto antes.