Escoitar

O programa Verán Xove 2002 encherá as vacacións da xuventude viguesa de actividades

xoves, 4 xul 2002
imx1630.jpg
O concelleiro de Xuventude e Deportes, Santiago Domínguez, presentou a programación do Verán Xove 2002 que integra actividades lúdicas, campamentos, música, cine e deportes co fin de que os mozos vigueses encontren o seu espacio propio para o divertimento na tempada estival.

”Esta programación enviarase á casa dos mozos vigueses para que teñan coñecemento directo das actividades que o Concello pon á súa disposición”, explicou Domínguez. Son actividades variadas, atractivas e espaciadas no tempo para que tódolos interesados poidan participaren.

A programación especial das ludotecas, actividades relacionadas coa natureza e o coñecemento do contorno de Vigo, campamentos dentro e fóra de Vigo e cine na Riouxa e no Castro son algunhas das posibilidades. O patrocinio do Revoltallo, Castroconcertos, cursos de música e apoio de actividades musicais nas parroquias de Alcabre e Zamáns, entre outras, son actos impulsados polo Concello relacionados coa música. Ademais, mantéñense as actividades de ”Súbete ó Castro” integradas por obradoiros, actividades deportivas e recreativas.

Trátanse de suxestións de actividades divertidas, creativas e participativas das que os mozos poden ser os protagonistas.


MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes