O Concello de Vigo traballa na mellora dos servicios cun sistema de control das concesionarias
O Concello de Vigo completou o deseño dun sistema de control das empresas concesionarias que prestan servicios públicos relevantes para a cidade. Con este traballo, impulsado pola Concellería Servicios, preténdese mellorar a calidade dos servicios prestados ós cidadáns a través de novas fórmulas de xestión nas súas relacións cos seus subcontratistas ó tempo que se dota dun sistema que permite coñecer o grao de cumprimento dos servicios contratados.
O concelleiro Uxío González, a xerente da consultora española Andersen, María Luisa Brandt, e o xefe de control de concesionarias, Emilio Iglesias, presentaron o sistema de control deseñado que incorpora as últimas tendencias na xestión estratéxica das organizacións, baixo a base fundamental de que os concesionarios, ademais de prestar o servicio, deben ser capaces tamén de lle proporcionar ó Concello evidencias e garantías da súa adecuada realización.
Ademais do deseño dun detalle pormenorizado das operacións de control que deben ser realizadas directamente polo Concello sobre cada un dos seus concesionarios, o novo sistema presta unha especial atención á participación cidadá. Neste sentido, inclúe un sistema de xestión de reclamacións capaz de canalizar cara os responsables municipais as queixas e suxestións dos cidadáns ata asegurar a súa adecuada resposta, no que se consideran adicionalmente sistemas complementarios de captación da satisfacción cidadá.
Tanto a información recompilada polo Concello mediante a execución sistemática das operacións de control que foron deseñadas coa participación dos técnicos do Concello, como a obtida dos cidadáns (reclamacións, enquisas...) supón un punto de partida para contribuír á mellora continua dos servicios prestados á cidade.
Para o seu funcionamento, o sistema deseñado apóiase nunha Unidade de Xestión de Concesionarias que será a responsable de velar polo correcto funcionamento do sistema e de garantir a adecuada e fluída comunicación e coordinación entre as distintas unidades municipais de servicio das que dependen directamente os servicios prestados por terceiros e o seu correspondente control.
O proxecto realizado incluiu unha implantación piloto do sistema na concesión ”Servicio Público de Transporte Urbano de Viaxeiros da Cidade de Vigo”, actualmente xestionada por Viguesa de Transportes S.A. co obxecto de poder contrastar a súa aplicabilidade considerando os procedementos de control definidos. Esta concesión foi seleccionada tendo en conta a relevancia do servicio para os cidadáns de Vigo.
Uxío González agradeceu a participación do persoal do Concello para a elaboración do plan de control e explicou que se lle remitirá ós concelleiros responsables de cada concesionaria.
Descargar todas as imaxes