Escoitar

Incrementarase nun 20% o número de marquesiñas de autobús urbano existentes

martes, 2 xul 2002
imx1619.jpg
De Acosta e Martínez
O concelleiro de Tráfico, Xaquín de Acosta, anunciou a instalación de 66 novas marquesiñas en paradas de autobús urbano que contribuirán a mellorar o servicio de transporte colectivo. Esta medida servirá para incrementar nun 20% o número de marquesiñas existentes.

A Concellería de Seguridade, Tráfico e Transportes estableceu contacto coa empresa Vitrasa para instalar máis maquesiñas na cidade, amparada no prego de condicións da concesión. Estudiáronse as peticións de ubicación das marquesiñas coas asociacións de veciños para a súa instalación en lugares adecuados e xestionáronse permisos con particulares de propiedades, nos casos nos que non hai terreo público para a súa colocación, e cos organismos competentes, no caso de vías do Ministerio de Fomento.

A localización de 32 marquesiñas xa está definida, 15 instalaranse nas dúas próximas semanas, 11 están pendentes de xestión e 18 quedan pendentes de emprazamento.

Luciano Martínez explicou que existen 245 marquesiñas no contorno urbano e 1.000 paradas de autobús. Este incremento chegará a pór a disposición dos usuarios unha marquesiña cada tres paradas, fronte a unha cada catro existentes na actualidade.

Ubicación das maquesiñas de autobús que se instalarán na primeira fase

Avda. Camelias (2)
Venezuela
Pizarro
Manuel de Castro (Balaídos)
Avda. Europa (2)
Tomás Paredes
Avda. Madrid (3)
Sobreira (2)
Zamáns
Gran Vía (Praza de América)
Praza Fernando el Católico
Praza Compostela
Avda de Samil (2)
Rúa Porriño (2)
Avda. de Castrelos (3)
Baixada á Moa
Cemiterio de Puxeiros

Xa instaladas

Rúa da Revola (Fonte Alvite)
Estrada de Camposancos
Estrada do aeroporto
San Paio de Navia
Rúa dos Canteiros (Matamá)
Instituto Ricardo Mella
Rúa da Vía (Cabral)
Estrada de Miraflores (Sárdoma)
Descargar todas as imaxes