Escoitar

A concelleira de Festas presentou o disco compacto “Popín y los Bombolocos”

xoves, 4 xul 2002
imx1633.jpg
O primeiro disco do pallaso Popín e a súa banda presentarase o vindeiro sábado 6 de xullo no Auditorio do Concello cun espectáculo dirixido os nenos e nenas. O grupo tamén actuará o 11 de agosto pechando a Semana Infantil de Castrelos.

Popín manifestou que con este disco pretenden ocupar un oco que hai na música infantil dende tempos dos irmáns Aragón, o mesmo afirmou a concelleira que dixo que a xente do ensino aínda utiliza esas cancións para os rapaces porque dende entón é unha faceta que está sen cubrir.

Algunhas das cancións da banda estreáronse en dúas actuacións do nadal e tiveron moi boa acollida entre os nenos e nenas que segundo dixo o pallaso son os mellores críticos deste tipo de música ó mostrar sempre a súa sinxela opinión.

Do disco compacto sacárose inicialmente 1.000 copias e ten cancións como La Polka do polque, Ondiñas veñen, Perdón es mi hermano ou Un mamut chiquito. Isaura Abelairas alabou o traballo de Popín e fixo especial fincapé no interese que ten a súa concellería en crear un espacio para os nenos e nenas de Vigo, razón pola que axuda este tipo de iniciativas como a do pallaso Popín.
Descargar todas as imaxes