Escoitar

Caballero visitou o obradoiro infantil de Nadal de VigoZoo, onde presentouse o primeiro conto elaborado polo organismo

O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Medioambiente, Chus Lago, visitaron este xoves o obradoiro infantil que VigoZoo organiza polo Nadal nos catro Centros Cívicos municipais para nenos de 3 a 13 anos, ata o 7 de xaneiro. Alí presentouse o primeiro conto editado polo organismo que dirixe a edil socialista, chamado "Os Larpeiros do Nocturama".

xoves, 23 dec 2010
1293112166zoo.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a edil de Medioambiente, Chus Lago, visitaron hoxe xoves un dos obradoiros infantís que organiza VigoZoo polo Nadal, onde presentouse o primeiro conto elaborado polo organismo autónomo, titulado "Os Larpeiros do Nocturama".

O organismo autónomo que preside Chus Lago organizou para os nenos de entre 3 e 13 anos distintos obradoiros nos catro centros cívicos municipais (Casco Vello, Saiáns, Teis e Coruxo), en horario de mañá e ata o próximo 7 de xaneiro. A inscripción é gratuita no teléfono de atención cidadá 010.

Abel Caballero subliñou que estas actividades fan posible que os menores "xoguen e aprendan a convivencia coa natureza" a través do conto. Felicitou á edil polo seu traballo en VigoZoo e en particular nas iniciativas que procuran que os nenos "se familiaricen" co seu entorno e salven a barreira entre a cidade e o campo. "Este é o cometido dun zoo moderno", concluíu o alcalde.
Descargar todas as imaxes