Benestar Social destina 2,5 millóns de euros ao Servizo de Axuda no Fogar
A Concellería de Benestar Social do Concello de Vigo destina este ano 2.550.000 euros, un millón máis en relación co 2009, ao Servizo de Axuda no Fogar destinado a persoas maiores e dependentes da cidade, segundo anunciou hoxe a edil titular da mencionada área, María Méndez, durante a presentación do balance do SAF, que deu cobertura o ano pasado a un total de 636 persoas, das que 486 foron mulleres e 150 homes.
María Méndez manifestou que o Servizo de Axuda ao Fogar vense prestando desde 1988 e constitue un programa personalizado, preventivo e rehabilitador co obxectivo de atender a persoas que non poden desenvolver actividades cotiás con regularidade. Nese senso, a concelleira de Benestar Social indicou que salvo persoas cun alto grado de dependencia e sen familiares que os atendan, a población maior desenvolve mellor a súas facultades físicas e psíquicas no fogar ao estar en contacto directo co seu entorno habitual.
Este ano o presuposto do SAF ascende a 2,5 millóns de euros, o que significa un aumento importante con relación ao 1.550.000 euros do ano 2009 que logo houbo que implementar ata cerca de dos millóns, o cal, a súa vez, facilita un incremento de algo máis de 21.000 horas de prestación so servicio aos usuarios. Isto é debido a que grazas o convenio establecido coa empresa que leva as tarefas de atención no fogar cobra 13,32 euros por hora fronte aos 16,57 euros da tarifa que tiña a anterior entidade que era a Cruz Vermella. O ano pasado se deron perto de 138.000 horas, o que supuxo un notable incremento en relación coas 91.678 de 2008.
Das 636 persoas usuarias do SAF correspondentes ao 2009, 538 era xente maior, 94 discapacitada e 4 de apoio familiar. Ao respecto do perfil dos usuarios, María Méndez resaltou que a idade media está en 74 anos (78 en 2008), maiormente viúvas que viven soas. A concelleira tivo en conta que o ano pasado había una lista de agarda de 300 persoas, das que 60 tiveron resposta.
O Servizo de Axuda no Fogar da emprego a 150 auxiliares dde axuda a domicilio, 6 traballadoras sociais, 4 auxiliares, 1 técnico responsable do SAF e 1 psicólogo de apoio. O número de auxiliares aumentou debido ao maior número de horas establecido en 2009. O servizo complementouse con festas de verán e Nadal e obradoiros. Aparte das xa habituais, este ano vanse a desenvolver tamén cursos para actividades a xente que no ten movilidade. Con elo trátase de favorecer a autonomía das persoas axudando no fogar, limpeza persoal, trocos conductuais e comunicación co exterior, entre outros aspectos.
Para ser usuario do SAF e primordial estar empadroado en Vigo e dispoñer dun apoio familiar axeitado, aínda que tamén se teñen en conta á hora de valorar algúns aspectos como a situación económica da persoa interesada. A axuda a domicilio contempla dous tipos, a libre concorrencia e a dependencia. Nesa línea, as cantidades a desenbolsar cobrese ata un 70% pola Xunta de Galicia e o resto polo Concello se o usuario non pode facer fronte o pago.
Descargar todas as imaxes