Escoitar

O artista Xulio Gil leva á alcaldía a primeira exposición fotográfica en Mostrarte<br />

O alcalde presidiu este mércores a inauguración simbólica dunha nova edición de MOSTRARTE, a iniciativa municipal para expor as obras de artistas vencellados coa cidade nos espazos da Alcaldía. Desta volta a exposición corre a cargo do fotógrafo ourensán -vigués de adopción- Xulio Gil, que abre o xénero fotográfico nesta actividade municipal.

mércores, 28 out 2009
1256739402exposicionxuliogil.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu este mércores a apertura simbólica dunha nova edición de MOSTRARTE, na que Xulio Gil leva a fotografía aos espazos da Alcaldía.

Xulio Gil, ourensán de nacemento e vigués de adopción, caracteriza o seu traballo fotográfico tanto pola forma como polo fondo, permañecendo sempre atento á realidade e aos temas de actualidade, concluíndo nun arte xenerosamente solidaria coa sociedade actual.

O artista representa á perfección o xénero fotográfico galego contemporáneo e a súa obra é imprescindible para a axeitada comprensión desta. A súa fotografía supera amplamente a documentación para impregnala de orixinalidade e creación artística, e con especial atención a Galicia e ás súas xentes.
Descargar todas as imaxes