O Concello ultima cos comerciantes a instauración dun centro comercial aberto en Traviesas
O alcalde, Abel Caballero, visitou este martes o entorno da Praza de América coa Asociación de Empresarios e Comerciantes de Traviesas (AETRAVI). Na reunión ultimouse a creación dun centro comercial aberto que permitiría a utilización regulada do espazo público para, en coordinación co Concello, realizar distintas actividades comerciais. Caballero considerou este un "bo modelo" exportable no futuro a outras zonas da cidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe martes que o Concello está a ultimar as negociacións coa Asociación de Empresarios e Comerciantes de Traviesas (AETRAVI) para a instauración dun centro comercial aberto na zona.
Segundo indicou o alcalde en declaracións previas á reunión, esta iniciativa consolidaríase cun convenio bilateral entre o Concello e a Asociación que permitiría a esta última, en coordinación co municipio, a realización de actividades no espazo público de maneira regulada.
Para concluir na definición do modelo a adoptar, Caballero explicou que estanse a estudar os aplicados noutras cidades españolas, aunque avanzou que o sistema considerado "satisfactorio" consistiría no emprego do ámbito público para actuacións da devandita Asociación. Para o alcalde vigués, este sería un "bo modelo" que podería ser exportado a outros ámbitos da cidade, como o Calvario, segundo citou.
Abel Caballero visitou cos responsables de AETRAVI o ámbito de actuación da entidade, no entorno da Praza de América, e salientou a cooperación desta no desenvolvemento "masivo" das humanizacións na zona. O alcalde citou as melloras do entorno de POVISA, Pintor Colmeiro, a rúa Coruña, Castelao, Florida e Castrelos, moitas delas consensuadas coa entidade. O alcalde asegurou que "queremos seguir contando coa súa cooperación".
Aninovo
O alcalde e os responsables da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Traviesas comezaron a traballar nesta reunión sobre a festa do fin de ano que ten lugar na Praza de América. Abel Caballero indicou que esta celebración comeza a estar "curtida" como a "festa pública de fin de ano de Vigo", polo que conta co apoio do Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes