O pavillón de Bouzas acollerá o sábado o Gran Premio Internacional Cidade de Vigo de Judo masculino e feminino
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciou hoxe que o sábado 31 de outubro terá lugar o XIV Gran Premio Internacional Cidade de Vigo de Judo no pavillón municipal de Bouzas. Segundo o nacionalista, trátase dun "escaparate para a cidade nun torneo internacional" no que participarán as seleccións de Galicia, Cataluña, España, Portugal, Italia e Gran Bretaña ans categorías senior masculino e feminino.
Xabier Alonso salientou que o torneo cumpre dous requisitos fundamentais de todo acontecemento deportivo de alto nivel. Por unha banda, destacou que vincula o deporte de base co deporte de élite, e por outra recolle a posibilidade de proporcionar un espectáculo de judo de gran nivel. Asemade, o concelleiro de Deportes felicitou á Federación Galega de Judo "polo traballo que están facendo".
Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas, agradeceu o apoio de Xabier Alonso "porque con esta Concellería de Deportes é moito máis doado desenvolver as actividades deportivas". O seleccionador da seleccionador galega, Marcial Romero, destacou as espectativas do equipo galego, que parte como favorito, pola súa combinación de xuventude e veteranía.
A competición, que será por equipos mixtos de homes e mulleres comezará ás 16.30 horas coa celebración das eliminatorias de forma simultánea. Ás semifinais están previstas para ás 16:45 e a final para a 18:30 horas. Xa ás 19 horas terá lugar a entrega de trofeos.
Descargar todas as imaxes