O alcalde urxe á Xunta de Galicia a rematar "o antes posible" o acondicionamento da Escola de Arte Dramática
Abel Caballero instou este martes á Xunta de Galicia a "apurar e acabar o antes posible" a urbanización da Escola Superior de Arte Dramática, localizada en Navia. O alcalde recordou, tras reunirse co director do centro, Manuel Vieites, que o goberno autonómico promove a obra e a estrada colindante, que leva retraso sobre os prazos previstos, polo que lles urxe ao acondicionamento da rúa e á súa entrega posterior ao Concello.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, urxiu este martes á Xunta de Galicia a rematar "o antes posible" a urbanización da Escola Superior de Arte Dramática, ubicada en Navia, e o seu acondicionamento.
Ao remate dunha entrevista co director do centro, Manuel Vieites, Caballero recordou que é competencia do goberno autonómico xa que este é o promotor da obra, da estrada e do polígono, e salientou que "teñen que apurar e acabala o antes posible; dar as acometidas de auga e electricidade" para posteriormente entregar acondicionada a rúa ao Concello.
A urbanización da rúa non está rematada, feito polo que non foi entregada ao Concello e se está a retrasar a apertura da nova sede da Escola Superior de Arte Dramática en Navia.
Descargar todas as imaxes