Escoitar

ArtFutura no Marco ‘20 anos: da realidade virtual ás redes sociais’

O 29 de outubro ó 28 de novemenro celebrase no MARCO o programa audiovisual de ArtFutura, que neste ano 2009 celebra a súa vixésima edición.Este especial aniversario ten o seu reflexo nun programa audiovisual moi atractivo, que explora os novos tipos de creatividade relacionados coas redes sociais como Facebook e YouTube.

mércores, 28 out 2009
1256733377artfurura.jpg
AF Show-Pige Impossible
Vinte anos de existencia, nos que a evolución de ArtFutura discorreu en paralelo á evolución da cultura dixital e á implantación das novas tecnoloxías en todos os ámbitos. Dende o soño da Realidade Virtual á explosión de Internet e a presente era das Redes Sociais, o festival foi un espazo de especulación constante sobre o papel da tecnoloxía na sociedade, a cultura e a arte. Dende que, en xaneiro de 1990, ArtFutura presentase a Realidade Virtual por primeira vez en España, o festival foi reinventándose constantemente e introducindo temas como a Realidade Aumentada, as Comunidades Virtuais, Internet como Cyborg, a Arte Colectiva, a Vida Artificial ou a Estética de Datos.

Este especial aniversario ten o seu reflexo nun programa audiovisual moi atractivo, que explora os novos tipos de creatividade relacionados coas redes sociais como Facebook e YouTube. Un exemplo é o grupo Improv Everywhere, que conta con máis de 72.000 amigos en Facebook; os seus vídeos foron vistos en YouTube máis de 70 millóns de veces.

Agora, en colaboración con ArtFutura 2009, Improv Everywhere presenta unha ‘misión’ por primeira vez en España, o ‘EXPERIMENTO MP3’, que terá lugar o 29 de outubro en catro cidades simultaneamente: Vigo, Madrid, Barcelona e Murcia.
Descargar todas as imaxes

Máis información