Iníciase o proceso de selección da persoa que dirixirá o Museo de Arte Contemporánea
O Goberno municipal decidiu iniciar o mecanismo de selección da persoa que vai dirixir o futuro Museo de Arte Contemporánea. Realizarase unha convocatoria de carácter público á que poderán concorrer persoas con experiencia acreditada na dirección de centros culturais.
A elección corresponderalle a unha xunta de cualificación integrada por persoas expertas en dirección de museos, das que unha delas será elixida pola Asociación de Artistas Audiovisuais.
Esta é a primeira vez que en España se aplica este modelo saxón en materia de selección de directores de centros museísticos. A primeira tarefa do futuro director consistirá en poñer en marcha o museo e establecer os mecanismos estatutarios e xurídicos que permitan dotalo dunha personalidade propia.
O Goberno municipal agarda ter rematado o proceso de selección no mes de xuño. A inauguración do museo será en outubro de 2002 e, nese momento, ratificarase a decisión polo órgano rector.