O Goberno municipal concede axudas para a rehabilitación de vivendas no barrio histórico
O Goberno municipal aprobou unha axuda de algo máis de 8 millóns de pesetas para a rehabilitación completa do edificio número 17 da rúa Elduayen. Ademais, dentro do programa de rehabilitación de vivendas que se está a desenvolver no barrio histórico, aprobáronse outras tres subvencións.
Estas axudas corresponden concretamente á rehabilitación de senllas vivendas na Ribeira do Berbés e na rúa Funil, e á reparación dos elementos comúns do edificio número 22 da Rúa Alta.
Subvencións para eventos deportivos
A Comisión de Goberno decidiu tamén aprobar as bases da convocatoria de subvencións para a organización de eventos deportivos durante este ano. Esta é a primeira vez que se realiza unha convocatoria semellante e, polo tanto, vai ser a primeira ocasión na que estas subvencións se outorguen aplicándose os principios de publicidade e libre concorrencia. Desta maneira garántese unha maior transparencia na concesión das axudas que dedica o Concello a financiar eventos deportivos. O prazo para a solicitude de subvencións estará aberto ata o 30 de outubro e poderán optar ás axudas tódalas entidades deportivas de Vigo que organicen algún campionato ou exhibición este ano.
Cursos de Salvamento e Socorrismo
A Comisión de Goberno acordou asinar un convenio coa Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia para que organice na nosa cidade un curso sobre socorrismo e salvamento acuático e primeiros auxilios. O Concello ten moito interese no desenvolvemento deste curso porque del sairán persoas preparadas para atender o servicio de salvamento nas nosas praias durante o verán. O curso vaise desenvolver nas instalacións do Instituto Municipal dos Deportes nas Travesas.
Programas de integración da etnia xitana
Aprobáronse tamén dous convenios con Cáritas Diocesana para desenvolver programas de apoio ao pobo xitano. O primeiro centrarase na axuda aos menores xitanos da nosa cidade. O Concello dedicará algo máis de 12 millóns de pesetas a fomentar a escolarización dos rapaces de etnia xitana, a atender ás súas familias e a poñer en marcha un taller no que se desenvolverán actividades extraescolares. O outro convenio ten como obxectivo realizar accións orientadas a previr a drogadicción entre a comunidade xitana e terá unha aportación municipal de 2 millóns de pesetas.