Escoitar

O Campus Balonmán celebrarase do 9 ó 14 de abril no pavillón das Travesas

luns, 2 abr 2001
imx89.jpg
O Campus Balonmán Semana Santa, dirixido por Fran Teixeira, desenvolverase do 9 ó 14 de abril no complexo das Travesas dentro do marco de colaboración establecido entre o Octavio Pilotes Posada e o Instituto Municipal dos Deportes do Concello de Vigo.

O presidente do clube, Javier Rodríguez, explicou que coa celebración deste campus se pretende iniciar e formar rapaces no balonmán. Este curso serviralles ós participantes de toma de contacto con xogadores do clube e doutros internacionais, monitores, adestradores, fisioterapeutas e árbitros durante as vacacións de Semana Santa.

A cota de inscrición é de 5.000 pesetas e os interesados poden dirixirse ó Instituto Municipal dos Deportes, no Pavillón Central das Travesas, ou ás oficinas de Caixanova. No tempo de descanso agasallarase ós rapaces cos productos das entidades colaboradoras. Facilitan máis información no teléfono 986-242731, en horario de 18:00 a 20:30.
Descargar todas as imaxes