Escoitar
O espectáculo será o sábado 31 no Centro Cultural Caixanova

Siniestro Total e Manquiña presentan ”A historia do blues”

venres, 30 mar 2001
imx81.jpg
A Concellería de Xuventude trae á cidade que viu nacer a Siniestro Total a súa última actuación da xira ”A historia do blues”, un espectáculo narrado polo actor Manuel Manquiña con escenografía de Arrizabalaga.

O líder de Siniestro Total, Julián Hernández, explicou que foi ”unha producción complexa para levar a cabo un proxecto sobre a historia americana da música desde este lado do Atlántico”. A través dun personaxe metade real, metade ficticio, constrúese un musical que vai dos traballos de Frank Zappa, os Kings ou Rocky Horror Show dos anos 70, ata os de Tom Waits ou dos Residents nos 90.

Manuel Manquiña é o mestre de cerimonias, cantante, actor e bailarín que serve de fío conductor dun texto ”que comenta a música á vez que a música comenta o texto, para que o espectador non sufra”, afirmou.

O proxecto ”Historia do blues” resúmese neste espectáculo que pretende unha comunicación entre texto e música. Sobre o escenario percórrese a vida e o tempo de Jack Griffin, o seu inefable pacto co demo e a súa fuxida polos Estados Unidos, para rematar cunha conclusión sorprendente e inesperada.

Siniestro Total aproveita a ocasión como unha oportunidade única para levar a música de ”A historia do blues” máis alá dos límites habituais impostos polos canles do rock. A obra inclúe un repertorio dos clásicos do blues.
Descargar todas as imaxes